Año 2010

Espazos e lugares de interese en Galicia

21 de Junio de 2010 

 

Espazos e lugares de Galicia con proteccións especiais

 

Este traballo pretende ser unha guía sinxela e rápida dos principais espazos naturais que temos na Galicia, aínda que salientamos que toda Galicia é un espacio natural se ben, non toda ela, goza de especial protección.

Galicia conta con mil ríos, 1.675 quilómetros de costa e a metade dos núcleos de poboación que existen en España.

Galicia é un país de castros, pontes muíños, soutos, viñedos, cruceiros, cruces de mar, pazos, hórreos, igrexas e mosteiros fundamentalmente de arte románica e barroca.

Os datos que aquí son recollidos, foron tomados dos datos oficiais que obran nas diferentes oficinas das Consellerías e oficinas de Turismo da Xunta de Galicia.

 

 

Tipo: Parque Nacional

 

 

Parque Nacional marítimo-terrestre Illas Atlánticas de Galicia

 

Situación.- Nas Rías Baixas. Illas Cies, Ons, Sálvora, Cortegada e Tambo.

Extensión.- Cies: 2.658 Ha marítimas e 433 Ha terrestres

Ons: 2.171 Ha marítimas e 470 Ha terrestres

Sálvora: 2.309 Ha marítimas e 248 Ha terrestres

Cortegada: 43,8 Ha terrestres

Tambo: non hai datos.

 

 

Tipo: Reserva da Biosfera (UNESCO)

 

 

Terras do Miño

 

Situación.- Cunca alta do río Miño, na provincia de Lugo.

Concellos de: Ourol, O Valadouro, Muras, Alfoz, Mondoñedo, Abadín, Xermade, Vilalba, A Pastoriza, Riotorto, Guitiriz, Cospeito, Meira, Begonte, Rábade, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Pol, Lugo, Friol, Castroverde, Guntín, O Corgo, Baralla, O Páramo, Láncara.

Extensión.- 363.668,9 Ha das cales un 10% corresponde á zona núcleo fluvial e montañosa; un 22% denominada zona tampón; e o 68% zona de transición.

Accesos.- Os principais accesos viarios:

de leste a oeste, autovía A-6 e estrada N-VI

de norte a sur, estrada N-640.

 

 

Tipo: Parque transfronteirizo

 

 

Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

 

Situación.- No sudoeste da provincia de Ourense, limítrofe con Portugal.

Concellos de: Entrimo, Lobios, Muíños.

O Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Baixa Limia abrangue os concellos de Bande, Calvos de Randín, Lobeira, Padrenda, Quintela de Leirado, Verea.

Extensión.- O Parque Natural, 20.920 Ha.

O LIC, 33.920 Ha.

Accesos.- Dende Ourense, dirección Celanova e Portugal, pola N-540

Dende Xinzo de Limia, pola OU-301 até Bande.

Desvíos para Entrimo e Lobios e máis o paso fronteirizo de Portela do Home.

Dende Portugal, pasos pola Magdalena e Portela do Home.

 

 

Tipo: Parque Natural

 

 

Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixián

 

Situación.- O Parque Natural, no concello de Ribeira, situado no vértice occidental da península do Barbanza, entre as rías de Arousa e a de Muros e Noia.

O LIC amplíase ao norte coa franxa costeira deica o Castro de Baroña (Porto Son) e ao sur ata a Illa de Sálvora.

Extensión.- Parque natural, 996 Ha.

LIC, 9.265 Ha; en grande parte pertencentes á zona mariña, aínda que tamén incorpora dúas pequenas lagoas litorais ao norte: Xuño e Muro.

Accesos.- Polo sur, autovía do Barbanza ate santa Uxía de Ribeira; tamén estrada C-550, que percorre grandes treitos da costa galega. Dous accesos directos ao Parque con remate en cadansúas zonas de aparcamento, un á duna móbil e outro ao CIELGA.

 

 

Parque Natural Fragas do Eume

 

Situación.- Concellos de: Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez.

Extensión.- 9.127 Ha.

Accesos.- o traxecto máis usual vai dende o centro de Pontedeume ate a fraga pola estrada local con desvío por Ombre cara o mosteiro de Caaveiro.

Outro acceso diríxese cara Rebórdelo cortando para o mosteiro de Monfero.

Dende As Pontes acceso á presa do Eume.

As pistas que penetran no Parque son de ida e volta sen comunicación entre si.

 

 

Parque Natural Monte Aloia

 

Situación.- Concello de Tui, no treito final do río Miño.

Extensión.- 783 Ha.

Accesos.- Ate Tui pola autovía A-55 ou tamén dende O Porriño pola estrada N-550.

Para o parque polo camiño que parte do alto de Santo Antoniño, a un quilómetro de Tui na estrada de Gondomar, seguindo pola aldea de Frinxo.

 

 

Parque Natural O Invernadeiro

 

Situación.- O macizo central ourensán esténdese polos concellos de: Bolo, Castrelo do Val, Chandreixa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco, Montederramo.

O Parque Natural inscríbese no concello de Vilariño de Couso.

O LIC Biudeiral de Montederramo nos concellos de Montederramo e Vilar de Barrio

Extensión.- Parque Natural, 5.722 Ha.

LIC macizo central, 45.829 Ha, inclúe o canón do Bibei.

LIC biudeiral de Montederramo, 1.984 Ha.

Accesos.- Dende Ourense, polo norte, estrada C-536 con desvíos en Castro Caldelas ou na Pobra de Trives.

Polo sur, autovía Rías Baixas A-52 ou N-525 con saídas en Xinzo de Limia ou Verín.

Polo leste, para o canón do Bibei nas Ermidas, C-553 Petín – A Gudiña onde enlaza tamén coa A-52.

Acceso ao Parque Natural dende Verín dirección Campobecerros por Castrelo de Val (OU-114).

 

 

Parque Natural Serra da Enciña da Lastra

 

Situación.- Concello de Rubiá, no extremo nordés da provincia de Ourense limítrofe con León.

Extensión.- Parque Natural, 3.151,67 Ha.

A superficie do LIC é de 1.742 Ha.

Accesos.- atravesa o parque Natural por Covas a estrada N-120 Ponferrada - Ourense e máis a liña ferroviaria.

Rodea a serra dende Rubiá a Oulego a comarcal OU-622.

 

 

Tipo: Sitio Natural de Interese Nacional

 

 

Cabo Vilán

 

Situación.- Concello de Camariñas, ao norte da ría do mesmo nome, na Costa da Morte.

Extensión.- 6,4 Ha.

Accesos.- Para camariñas, desviarse en Vimianzo da C-552 e segui-la AC-432. Estrada dende o porto de Camariñas ate o faro.

Outra rota costeira dende Arou, por pista de terra.

 

 

Cumio da Curotiña

 

Situación.- Concello da Pobra do Caramiñal, na serra do Barbanza dentro da península do mesmo nome.

Extensión.- 50,3 Ha.

Acceso.- Pola autovía do Barbanza ou estrada C-550 con desvíos en varios puntos para realizar a subida dende A Pobra do Caramiñal.

 

 

Estaca de Bares

 

Situación.- Concello de Mañón, no límite provincial A Coruña – Lugo. O LIC esténdese por un anaco da costa do concello de Ortigueira.

Extensión.- 0,9 Ha; o LIC 852 Ha.

Accesos.- Ate a ría do Barqueiro pola C-642 Ferrol – Viveiro. Desvío cara o porto de Bares.

 

 

Tipo: Espacio Natural en Réxime de Protección Especial

 

 

Complexo Intermareal Umia – O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e lagoa Bodeira

 

Situación.- Comarca do Salnés entre as rías de Arousa e Pontevedra.

O LIC abrangue os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Sanxenxo, Ribadumia.

Extensión.- 2.782 ha.

LIC 7.608 ha.

Accesos.- Autovía do Salnés dende autoestrada AP-9 até Sanxenxo. Rodea toda a zona a C-550. Ponte á Illa de Arousa.

 

 

Encoro de Abegondo-Cecebre

 

Situación.- Concellos de Abegondo, Betanzos, Oza dos Ríos, Cambre, Carral, a uns 20 quilómetros ao sudeste da cidade de A Coruña

Extensión.- 1.321 ha.

LIC 493 ha.

Accesos.- Dende A Coruña, estrada por Cambre; ou varios desvíos na N-VI.

 

 

Lagoa do Rei

 

Situación.- Concello de Rábade, 13 quilómetros ao norte da cidade de Lugo.

Extensión.- 4,45 ha.

Accesos.- Rábade na N-VI e saída na autoestrada A-6.

 

 

Lagoa e Areal de Valdoviño

 

Situación.- Concello de Valdoviño, a uns 17 quilómetros de Ferrol.

Extensión.- 490 ha.

Accesos.- Estrada C-646 Ferrol – Valdoviño – Cedeira.

 

 

Ría de Ortigueira e Ladrido

 

Situación.- Concellos de Cariño, Ortigueira.

O LIC amplíase polos concellos de Cerdido, As Pontes de Garcia Rodríguez, As Somozas.

Extensión.- 2.939 ha.

LIC 3.868 ha.

Accesos.- Ortigueira na C-642 Ferrol – Viveiro. Desvío en Ponte Mera cara a Cariño e Cabo Ortegal.

 

 

Ría do Eo

 

Situación.- Concellos de Ribadeo e Trabada no límite co Principado de Asturias.

O LIC segue o curso do río Eo polos concellos de A Pontenova, Riotorto, Meira, Ribeira de Piquín e A Fonsagrada.

Extensión.- 1.915 ha.

LIC 1003 ha.

Accesos.- de Ribadeo cara ao sur pola N-640.

 

 

Canón do Sil (A Ribeira Sacra)

 

Situación.- Canón do Sil, na ribeira dos concellos ourensáns de Nogueira de Ramuín, e Parada de Sil e máis nos lugueses de Pantón e Sober.

Os límites do canón do Miño e, sobre todo, da Ribeira Sacra son moito máis amplos.

Extensión.- 5.914 ha.

Accesos.- Desvíos ao canón do Sil dende o norte pola N-120 Ourense – Monforte de Lemos; dende o sur pola C-536 A Rúa – Ourense.

Para o canón do Miño, dende Chantada ou Monforte de Lemos.

 

 

Carnota – Monte Pindo

 

Situación.- Concellos de Carnota, Corcubión, Mazaricos, Cee, Dumbría entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.

Extensión.- 4.674 ha.

Accesos.- Estrada C-550, entre Corme e Carnota.

 

 

Costa Ártabra

 

Situación.- Litoral da provincia da Coruña, ao norte da cidade de Ferrol. Concellos de Cariño, Cedeira, Ferrol, Narón, Valdoviño, Ortigueira, Ares, Mugardos.

Extensión.- 7.546 ha.

Accesos.- Á lagoa de Doniños, próxima a Ferrol, pola estrada de San Xurxo da Mariña con ramal en Valón.

Á serra da Capelada, por estradas locais entre Cedeira e Cariño. No medio, San Andrés de Teixido. A Cabo Ortegal, dende Cariño.

 

 

Costa da Mariña Occidental

 

Situación.- Na mariña Occidental luguesa, concellos do Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo.

Extensión.- 491 ha.

Accesos.- Comunica as localidades principais a C- 642. Desvíos locais pola costa.

 

 

Costa da Morte

 

Situación.- Franxa costeira nos concellos de Arteixo, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, Ponteceso, Vimianzo.

O río Anllóns tamén se estende por parte do concello de Coristanco.

Extensión.- LIC Costa da Morte, 11.809 ha.

LIC río Anllóns, 162 ha.

Accesos.- Dende A Coruña, estrada C-552 até Cee con prolongación a Fisterra.

Autoestrada A-55 ata Carballo. Desvíos e estradas locais paralelas á costa.

 

 

Monte e Lagoa de Louro

 

Situación.- Concellos e Carnota e Muros.

Extensión.- 1.096 ha.

Accesos.- Estrada C-550 Noia – Cee, despois de pasa-la vila de Muros.

 

 

O Courel

 

Situación.- Concellos de Folgoso do Courel, O Incio, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra de Brollón, Quiroga, Samos, Triacastela, Ribas de Sil.

Extensión.- 102.562 ha.

Accesos.- Atravesa O courel de norte a sur a estrada LU-651 da que parten os mellores desvíos para coñecer o parque natural.

Dende o norte chégase a ela na baixada do Cebreiro na LU-633 Sarria – Pedrafita do Cebreiro, onde enlaza coa autovía A-6 e a antiga N-VI.

Dende o sur, desvío en Quiroga na N-120 Ponferrada – Ourense.

 

 

Os Ancares

 

Situación.- Concellos de Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro.

Extensión.- 102.562 ha.

Accesos.- Autovía A-6 e N-VI até Becerreá. Delimita polo oeste o espazo a LU-722 Becerreá – A Proba de Navia con desvíos a Doiras, San Román de Cervantes, Degrada e Piornedo. Outras pistas locais adéntranse na serra.